OBRADOIRO DIXITAL
Tradición e tecnoloxía, para adaptar o de sempre ao futuro.Obradoiro Dixital nace da combinación de tradición e tecnoloxía, un espazo adicado a ofrecer solucións creativas e respectuosas que axuden e complementen o traballo de artesáns e creadores sen perder a esencia do seu oficio.
Surximos do tradicional, pero medramos con cada novo desafío. Sexa cal sexa o ámbito da túa idea ou proxecto, estamos listos para facelo realidade.